Gran ruta transfronteiriza Gerês- Xurés. Galicia.

Se onte vos deixaba cunhas fotiños da GR 50, que atravesa o maxestuoso parque nacional portugués, hoxe vouvos falar da parte galega que pecha o círculo ao longo do fermoso parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Cuns 120 quilómetros de lonxitude, este percorrido dividido en 6 etapas vai dende Tourém a Maus de Salas, de…

Ler máis

GR 50. Portugal.

Se fai uns días vos deixaba unha serie de suxerencias para refrescarvos no Peneda-Gerês, hoxe volto á carga cunha proposta máis ambiciosa. Esta gran ruta ten nada menos que uns 190 quilómetros de lonxitude, divididos en 19 etapas, que nos levan a descubrir infinitos tesouros agochados neste engaiolante parque nacional. Un incalculable patrimonio etnográfico, aldeas…

Ler máis

Soajo. Parque Nacional Peneda-Gerês. Portugal.

Se fai uns días vos falaba de Lindoso e da súa colección de “espigueiros”, a maior de toda a península, hoxe vou colocar sobre o mapa Soajo, que conta cun número menor deles pero coa peculiaridade de estar construídos totalmente en granito e sobre un enorme afloramento rochoso. Alén diso, tamén presenta un enigmático “pelourinho”…

Ler máis

Aldea e encoro de Vilarinho da Furna. Portugal.

Foi na década dos 70 cando este encoro asolagou a aldea de Vilarinho da Furna, que contaba no momento cunhas 80 vivendas e 300 habitantes que se viron obrigados a marchar. Cando baixa o nivel da auga aínda é posible ver o que resta do pobo. Comparto con vós unhas fotos da derradeira vez que…

Ler máis