Mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadanedo. O Camiño do Monxe. Etapa 5. De Esgos a Maceda. Ribeira Sacra. Galicia.

Esta xoia da Ribeira Sacra foi fundada como cenobio benedictino no século XII, aínda que logo pasou a pertencer á orde do Císter, da man do veciño mosteiro de Montederramo. A súa igrexa constitúe un dos mellores exemplos do románico cistercense ourensán. Destacan no seu interior un altar pétreo, uns singulares capiteis con ameas, a…

Ler máis

O Camiño do Monxe. Etapa 5. De Esgos a Maceda. Ribeira Sacra. Galicia.

Cuns 20 quilómetros de lonxitude, esta etapa decorre por variados camiños achegándonos a monumentos coma o mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadanedo ou o castelo de Maceda.Tamén nos fai conscientes da presencia e relevancia de antigos oficios tradicionais, algúns deles presentes aínda na actualidade, coma o dos alfareiros de Niñodaguia, e outros xa…

Ler máis

Mosteiro de San Pedro de Rocas. O camiño do Monxe. Etapa 4. De Santo Estevo a Esgos. Ribeira Sacra. Galicia.

Ubicado no monte Barbeirón e rodeado de formacións rochosas das que tomou o seu nome, estamos ante unha edificación prerrománica que sorprende pola súa orixinalidade construtiva, pola beleza da súa localización e pola excepcional integración na natureza. Sobra dicir que os nosos ancestros souberon sacar proveito das formas naturais das rochas, esculpidas pola erosión, dando…

Ler máis

Igrexa de Santo Estevo de Ribas de Sil. O camiño do Monxe. Etapa 3. De Parada de Sil a Santo Estevo. Ribeira Sacra. Galicia.

Esta xoia datada do século XII é o actual templo parroquial de Santo Estevo. Destacan no seu interior o retablo mor e os retablos relicarios, de 1594 e obra de Juan de Angés, a quen tamén debemos a sillería do coro alto. Nestes últimos consérvanse os restos dos Santos Bispos, e foi onde se atoparon…

Ler máis

O Camiño do Monxe. Etapa 4. De Santo Estevo a Esgos. Ribeira Sacra. Galicia.

Cuns 22 quilómetros de lonxitude, este roteiro achéganos a dous importantes mosteiros da Ribeira Sacra, o de Santo Estevo de Ribas de Sil e o de San Pedro de Rocas. Polo medio descubriremos incribles miradores sobre antigos asentamentos, coma o dos Penedos do Castro. Tamén as aldeas de Pombar, con singulares elementos etnográficos e unha…

Ler máis

Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. O camiño do Monxe. Etapa 3. De Parada de Sil ao Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. Ribeira Sacra. Galicia.

A fundación deste mosteiro remóntase ao século VI, sendo atribuída a San Martiño de Dumio, aínda que o seu maior esplendor chegará no século X, convertíndose no mosteiro benedictino máis importante da Ribeira Sacra. A súa impoñente fábrica, asomada ao canón, fai alarde de tres magníficos claustros aos que accederemos a través dunha fachada reconstruída…

Ler máis

Miradoiros. O camiño do Monxe. Etapa 2 e 3. Da Fábrica da Luz ao Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. Ribeira Sacra. Galicia.

Como vos dicía en días anteriores, a estas dúas etapas vistas non lle faltan! E curiosidades tampouco! Dise que os famosos Balcóns de Madrid eran punto de despedida para os barquilleiros que cruzaban o río para coller o tren na outra beira dirección a Madrid, e de ahí o seu nome. O miradoiro do Castro…

Ler máis

Soutos de castiñeiros e sequeiros. O Camiño do Monxe. Ribeira Sacra. Galicia.

Veredes ao longo deste camiño que serán numerosos os soutos que atravesaremos, coas impoñentes figuras dos castiñeiros coma protagonistas e sendeiros que se abren paso entre os mesmos para desfrute do camiñante. E como vos imaxinaredes, non están aló de casualidade. O castiñeiro foi e é unha árbore moi preciada, empregada na cestería, carpintería, construción,…

Ler máis

Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil. O camiño do Monxe. Etapa 2. Da Fábrica da Luz a Parada de Sil. Ribeira Sacra. Galicia.

Ao pé do monte Barona e moi preto das augas do río Sil, podemos apreciar o que resta desta xoia oculta entre carballos e castiñeiros, remanso de paz para os monxes tempos atrás e para os visitantes hoxe en día. E se o outro día vos confesaba que o meu miradoiro favorito é o de…

Ler máis

Miradoiro da Alvariza. O camiño do Monxe. Etapa 3. De Parada de Sil ao Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. Ribeira Sacra. Galicia.

Xa fai un tempiño que descubrín esta xoia da que vos falei onte precisamente. Á dereita do Miradoiro de Pé do Home, a escasos metros, podemos contemplar esta singular estrutura etnográfica e as vistas que nos ofrece cara o canón do Sil. Encargada de protexer as colmeas contra os osos e outros animais, e coñecida…

Ler máis