Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil. O camiño do Monxe. Etapa 2. Da Fábrica da Luz a Parada de Sil. Ribeira Sacra. Galicia.

Ao pé do monte Barona e moi preto das augas do río Sil, podemos apreciar o que resta desta xoia oculta entre carballos e castiñeiros, remanso de paz para os monxes tempos atrás e para os visitantes hoxe en día. E se o outro día vos confesaba que o meu miradoiro favorito é o de…

Ler máis

Miradoiro da Alvariza. O camiño do Monxe. Etapa 3. De Parada de Sil ao Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. Ribeira Sacra. Galicia.

Xa fai un tempiño que descubrín esta xoia da que vos falei onte precisamente. Á dereita do Miradoiro de Pé do Home, a escasos metros, podemos contemplar esta singular estrutura etnográfica e as vistas que nos ofrece cara o canón do Sil. Encargada de protexer as colmeas contra os osos e outros animais, e coñecida…

Ler máis

O camiño do Monxe. Etapa 3. De Parada de Sil ao Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. Ribeira Sacra. Galicia.

Se na etapa 2 vos falaba de miradoiros e vistas incribles, xa vos adianto que esta non se queda atrás! Vou comezar dicindo que tedes no Wikiloc o meu track de ruta, e que difire lixeiramente nun par de detalles coa orixinal. Dende Parada de Sil, o camiño lévanos por orde aos miradoiros de Cotarro…

Ler máis

Río Mao. Pasarelas e Fábrica da Luz. O camiño do Monxe. Etapa 1. De Castro Caldelas á Fábrica da Luz. Ribeira Sacra. Galicia.

A este curso fluvial, menos coñecido que o do río Sil ou o do Miño, non lle falta personalidade e tampouco importancia histórica. Nesta etapa acompañaremos as súas augas a través dunhas pintorescas pasarelas con plataformas elevadas, escaleiras e até un miradoiro dende onde veremos perfectamente o canón excavado polo Mao na rocha, entre unha…

Ler máis

Mosteiro de San Paio de Abeleda. O camiño do Monxe. Etapa 1. De Castro Caldelas á Fábrica da Luz. Ribeira Sacra. Galicia.

Xa fai un tempiño que vos falei do que resta deste mosteiro do século XII, en tempos un dos máis importantes da Ribeira Sacra. Pero daquelas case non puidera compartir fotos con vós porque o acceso era imposible pola maleza. Afortunadamente, a día de hoxe as súas inmediacións e o seu interior están limpos e…

Ler máis

Capela da Nosa Señora das Neves, Igrexa de San Pedro de O Burgo e Igrexa de San Xoán de Camba. O Camiño do Monxe. Etapa 7. De Montederramo a Castro Caldelas. Ribeira Sacra. Ourense.

Continuando pola etapa 7 deste roteiro, atopamos estas tres xoias cheas de curiosidades. A capela da Nosa Señora das Neves, no lugar de Pesqueiras e perfectamente integrada na paisaxe tradicional, presentaba na súa orixe unha imaxe de Santa Bárbara sobre a súa porta, hoxe desaparecida e sustituída pola figura da Virxe das Neves. Con respecto…

Ler máis

O Camiño do Monxe. De Montederramo a Castro Caldelas. Ribeira Sacra. Galicia.

Aquí vos traio a miña primeira etapa dun roteiro que promete! Lineal e con pouco menos de 20 quilómetros de lonxitude, comparte percorrido con tramos da Vía Nova, da ruta das aldeas de Montederramo PR-G 266 e coa dos bosques máxicos de Castro Caldelas PR-G 213. Entre os seus maiores tesouros están o mosteiro de…

Ler máis

O Camiño do Monxe. De Castro Caldelas ao albergue Fábrica da Luz. Ribeira Sacra. Galicia.

Confirmado, o Camiño do Monxe non decepciona! Esta etapa duns 20 quilómetros de lonxitude é coincidente con tramos dos roteiros dos bosques máxicos de Castro Caldelas PR-G 213, do sendeiro da Teixeira PR-G 224 e da ruta do Canón do río Mao PR-G 177. Achéganos a traves de variopintos sendeiros e densas forestas a singulares…

Ler máis

Mosteiro de Santa María de Montederramo. O Camiño do Monxe. Etapa 7. De Montederramo a Castro Caldelas. Ribeira Sacra. Galicia.

Declarado Ben de Interese Cultural no ano 1951, este mosteiro cistercense é un dos máis importantes da Ribeira Sacra. Ubicado ao norte da Serra de San Mamede, ten a súa orixe no século XII, aínda que sufriu importantes reformas posteriores nos séculos XVI e XVII. Conta con dous claustros, o regular e o da hospedería,…

Ler máis