Esta vila ten moito que ofrecer, comezando polo impresionante Mosteiro de San Salvador, fundado por San Rosendo no ano 936, quedando abandonado coa desamortización e sendo empregado como prisión tamén. Hoxe en día está considerado Monumento Nacional e permanece en uso con diferentes fins. Dentro dos seus terreos captará a nosa atención a Capela de San Miguel, exemplo da arte mozárabe e de moi reducidas dimensións.
Adentrarse polas rúas do casco vello é case obrigatorio, así coma achegarse ata a antiga casa familiar de Manuel Curros Enríquez. E deixando o centro para voltar ao pasado, visitaremos o Castro de Castromao, cidade prehistórica habitada entre os anos 700-600 a.C. e 200-300 d.C. Dende aquí teredes unha panorámica sen igual da comarca, na que destaca Vilanova dos Infantes coa súa fermosa torre dominando o lugar. Obviamente, esta é outra visita obrigatoria da que xa vos falei en ocasións anteriores!
Espero que vos guste! 

