Central Hidroeléctrica do Tambre. Concello de Noia

Levantada sobre unha pesqueira do século XIII empregada para o abastecemento de salmóns e lampreas aos frades do antigo mosteiro de Toxosoutos, esta central constitúe un conxunto único do patrimonio industrial español.
Este proxecto foi encargado no ano 1924 pola Sociedade Galega da Electricidade ao arquitecto Antonio Palacios, que concebiu a central coma unha grande nave catedralicia con amplias fiestras, contrafortes e unha portada con arco de medio punto.
Nas súas inmediacións podemos atopar unha zona axardinada con varias pezas da antiga central, outras edificacións destinadas ao persoal de mantemento e empregos diversos e un establecemento hoteleiro. Tamén unha fermosa ponte colgante a uns metros😍.
Espero que vos guste!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *