Centro de Interpretación da Lagoa de Antela. Sandiás. Galicia.

Onte faleivos do tramo da Vía Nova romana comprendido entre A Saínza e Zadagós e dos principais puntos de interese ao seu paso, coma é o caso do Centro de Interpretación da Lagoa de Antela, no concello de Sandiás. Pois ben, como o prometido é débeda, aló fun hoxe recadar información da man de Alex, un maravilloso guía cheo de coñecementos e paixón polo tema que fai que a visita resulte do máis amena e proveitosa 🥰.
Como curiosidades direivos que a Lagoa de Antela era a maior lagoa de auga doce de toda a península ibérica, que se pensa que xa foron os romanos os primeiros que sopesaron a opción de secala, que contaba cunhas construcións únicas en Galicia chamadas palafitos e que ben poderían ser a orixe da lenda da cidade asolagada de Antioquía. A súa profundidade media era entre un e dous metros, aínda que en determinadas épocas do ano podía alcanzar os tres metros nalgúns puntos e existían unhas curiosas embarcacións para atravesala. Ah! E tamén souben de onde ven o seu nome, Antela, pero se queredes sabelo non vos vai quedar outra que ir a visitar a Alex.
O horario de apertura no verán é de martes a domingo, das 16 ás 20 horas e o custo é de tan só un euro. Nin o dubidedes. Paga moito a pena!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *