Hoxe vouvos propoñer un pequeno sendeiro circular, apto para todos os públicos, no que nun quilómetro e medio escaso poderedes coñecer a aldea de Cevide, o Marco Fronteirizo número 1, o antigo posto da Garda Fiscal, unha fermosa ponte que une ambos países e os pasadizos e as augas do río Troncoso, que fan deste un lugar totalmente máxico.
Como vos imaxinaredes, nada ten que ver a vida do lugar actualmente coa que tiña anos atrás onde, ao igual que acontecía noutras aldeas raianas, a emigración ilegal e o contrabando eran comúns. Como curiosidade direivos tamén que Cevide é a aldea máis ao norte de Portugal, e que din que dende ela se escoitan cantar os galos do Minho e das provincias de Pontevedra e Ourense. Ahí queda iso!
Aínda que a proposta de hoxe é curta, dende aquí parten outros roteiros de maior lonxitude, de feito a miña recomendación se queredes ampliala e que a continuedes coa senda peonil do río Troncoso, que vos darei a coñecer de maneira individual proximamente.
Espero que vos guste! 

