Pertencente ao concello de Melón, na comarca do Ribeiro, atopamos esta aldea totalmente abandonada na que aínda podemos apreciar a beleza da arquitectura tradicional galega. Ao igual que moitas outras aldeas do interior, sufriu un declive demográfico ata rematar deshabitada na segunda metade do século XX.
Conta cunhas 20 construcións e elementos de valor etnográfico coma hórreos. Dende as súas rúas podemos ver na parte baixa dalgunha das súas casas un antigo carro de bois, outros apeiros de labranza e vellas artesas.
Un pouco máis adiante atopamos Codesás Novo, con varios veciños e edificacións máis recentes. Tamén cun magnífico peto de ánimas do que comparto fotografías, xa que paga a pena que vos acheguedes a velo. Espero que vos guste!

