Esta construcción románica do século XII foi antigo mosteiro da orde de Santo Agostiño. A esaxerada inclinación dos peares, fixo que a edificación comezara a ameazar ruína en 1709, aínda que xa 40 anos atrás deixara constancia do seu deterioro o arquitecto Melchor de Velasco.
O problema das inclinacións dos piares e fendas nas bóvedas foi debido á pouca solidez do terreo, situado preto do río Sar e calificado como pantanoso e moi húmido polos mestres que fixeron as visitas e o informe. Pero pese a iso déronlle para adiante ao asunto. E é que un mal día teno calquera 
En 1716 a situación agravouse estando a totalidade do templo esteada para evitar a súa caída. En 1723 pensouse en tirar a igrexa e facer outra nova. E en 1732 decidiuse optar polo apontoamento da igrexa con arcobotantes de cantería apeados en contrafortes dispostos ao longo do muro norte da mesma e á reparación de bóvedas e a refacer a metade superior da fachada.
Ten un interesante claustro do Mestre Mateo, actual sede do Museo con documentos fundaionais, restos arquitectónicos medievais, colección de orfebrería e ornamentos litúrxicos. Ten un horario de visita e o prezo sonactualmente dous euros, moi ben empregados baixo o meu punto de vista.
E unha vez visitada esta fermosa Colexiata, pódovos asegurar que a Torre de Pisa xa non vos vai impresionar do mesmo xeito 

.














