Esta xoia de estilo románico, aínda que con aportacións doutras épocas e estilos, está considerada un dos máis fermosos monumentos do románico rural de Galicia. E é que en breve ides ver a razón.
É no século XII cando se constrúe a parte románica con tres naves. O claustro é gótico renacentista, de corpo cadrado e teito de madeira, de principios do século XVI. Alberga no seu anterior algúns sarcófagos románicos dos fundadores do primitivo mosteiro.
Esta igrexa tivo tres órganos ao longo da súa historia. O que permanece na igrexa é de 1759 e aínda está en uso. E por último pero non menos importante o seu coro, construído entre 1530 e 1540 con madeira de nogueira e colocado na parte inferior da nave central aínda que foi despois trasladado á antiga Sala Capitular.
Declarada no ano 1931 monumento nacional
.
Unha xoia en Xunqueira de Ambía!

















