Combarro. Concello de Poio

Combarro é deses lugares que sempre figura entre as vilas con máis encanto de Galicia, e non é sen razón. Declarada Ben de Interese Cultural na categoría de Conxunto Histórico en 1972, esta vila mariñeira situada no interior da Ría de Pontevedra é unha visita obrigada se aínda non a coñecedes e un lugar ao que sempre queres voltar se xa fostes encandilados coa súa maxia.
Aínda que é coñecido sobre todo polos seus hórreos costeiros, os seus cruceiros, as casas mariñeiras levantadas sobre o propio afloramento granitico e as súas rúas sinuosas non deixan indiferente a ninguén.
A pesca, marisqueo e labores agrícolas foron o motor económico da vila fai tempo aínda que hoxe é o turismo o seu principal alicerce. Restaurantes cunhas vistas espectaculares e tendiñas con encanto invaden e dan vida á vila que, vaias á hora que vaias, sempre ten unha animada actividade.
Visita obrigada, lembrade! ❤️😍

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *