Os que me seguides habitualmente, xa saberedes que pertenzo a este concello porque, como digo eu sempre, a vaca é de onde pace e non de onde nace!
Pois ben, alén disto teño a grande fortuna de poder saír da miña casa e colocar un pé no fermoso monte desta Reserva da Biosfera. E aínda que me gustan os roteiros xa definidos e sobre todo sinalizados, ás veces un pouco de improvisación, sobre todo en lugares desta beleza, senta de maravilla. De feito, foi así como descubrín algúns dos meus sitios favoritos de hoxe en día.
Aquí vos deixo unhas fotiños dunha pequena ruta circular duns sete quilómetros, a través dos montes de piñeiros e carvallos que unen as aldeas de Nanín, Guimarás, San Salvador dos Penedos e Paicordeiro.
Espero que vos gusten! 

