Concello de Castroverde. Galicia.

Hoxe vouvos amosar algúns dos tesouros que garda este concello, ao que encanto non lle falta. Comecemos pola área forestal da Veiga do Olmo, lugar idóneo para dar un pequeno paseo, facer unha merendola ou relaxarse sen máis baixo a sombra da súa densa arboreda. Ollo cos animaliños que nela se agochan!
Continuamos cos seus numerosos e antigos pendellos da feira, aos que unha vez por mes, se non me lembro mal, se lle segue dando uso, alén de mercados excepcionais que teñen lugar durante o resto do ano. Están nun perfecto estado de conservación.
E para ir rematando a igrexa de Santa María de Vilabade. Para ser francos, dicir que é como mínimo singular, con características peculiares que a fan única. Paga a pena vela con tempo, rodeala e fixarse en cada pequeno detalle. Pasa por diante o Camiño de Santiago Primitivo, que tamén nos achega previamente á ermida da Virxe do Carme, cunha fachada que tamén se sae do común.
E que non vos quede por ver a Torre de Castroverde, fortaleza medieval do século XIV da que só se conserva a día de hoxe a súa torre da homenaxe e algúns restos da muralla que rodeaba o patio de armas.
Ahí vos deixo fotos varias á espera de que vos gusten!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *