Concello de Padrenda. Fronteira con Portugal

Un pé en Galicia e outro en Portugal!
Aquí vos deixo hoxe nunha fronteira que eu nunca percibín porque sempre me sinto coma na casa cos nosos irmáns e veciños portugueses. Pero se a ponte o di… 🤣🤣🤣
Podedes acceder a este fermoso enclave ben dende o concello de Padrenda en Galicia ou dende Cevide, en Portugal. O acceso en coche dende Galicia é un pouco peor. Hai que baixar un camiño estreito cunha gran pendente e abaixo hai un aparcamento para dous vehículos unicamente. Dende o lado portugués hai moito máis sitio para estacionar e o acceso é mellor.
Tanto a unha beira coma a outra do río hai paseo. Polo lado galego un sendeiro e polo lado portugués unhas pasarelas de madeira que nos levarán ata o marco número I e unha subidiña que nos deixa onda a escultura do contrabandista. Tamén hai unha ruta de sendeirismo de pouco máis de 15 km, “Lamas de Mouro-Cevide”.
Espero que vos guste! 😎

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *