Concello de Portas. Pontevedra

O outro día paseando por este concello totalmente descoñecido para min até entón, descubrín varios tesouros dos que non escoitara falar nunca.
Por unha parte a fábrica azucreira de Portas, construída no ano 1899 polos Irmáns Salgado e outros empresarios. A día de hoxe está reconvertida nunha gardería, centro de día e sala de exposicións.
Por outra parte a capela de San Xoán, templo barroco cunha escultura pouco común, posiblemente un San Roque co seu can pero vestido á moda e con perruca.
Tamén atopei a casa de Domingo Fontán Rodríguez, autor da carta xeométrica de Galicia, primeiro mapa realizado en España con medicións matemáticas.
E por último pero non menos importante, a Igrexa de San Xián de Romai, coa súa fachada e portas laterais románicas, unha das cales alberga un sarcófago antropomorfo, unha tumba das élites medievais.
Está claro que é un concello con moito que ofrecer ❤️

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *