Coa súa orixe alá polo ano 1983, chega aos nosos días este congreso que acolleu nesta fin de semana a súa 40ª edición. Fundado por António Lourenço Fontes, máis coñecido coma o Padre Fontes, dá voz á medicina tradicional, a única que estaba ao alcance de todos durante moito tempo na maioría de fogares portugueses e galegos.
É así como, con especialistas e entusiastas de diversas áreas da medicina alternativa, se abordaron temas relacionados co emprego das plantas medicinais, terapias naturais ou técnicas de cura espiritual entre outros eventos. Este congreso constitúe unha cita ineludible coa cultura e para aqueles que non o saibades, foi o berce da famosa Sexta 13 de Montalegre, da que xa vos teño falado en ocasións anteriores.
E unha vez aló, non esquezades percorrer as súas rúas e subir até o baloiço das bruxas, dende o que desfrutaredes dunha ampla panorámica de toda a contorna. É realmente impresionante! Aquí vos quedan unhas fotiños á espera de que vos gusten!

