Aínda que xa vos deixei caer o nome desta aldea cando vos falei do roteiro do Alto da Farria, hoxe quero adicarlle unha entrada propia debido a súa singularidade.
Aquí levantábase o castelo dos “Señores de Ambía”, do que hoxe so restan as bases onde repousaban os seus muros e o camiño de acceso. As pedras foron empregadas para construír as casas de Vilameá.
Ao pé dun castiñeiro podemos ver un sarcófago funerario desta época que se pensa puido pertencer a algún dos Señores de Ambía. Tamén a Cruz da Inquisición, traída dunha aldea veciña e que hoxe se atopa nun balcón dunha casa. Xusto diante atopámonos co cruceiro e co fermoso lavadoiro de Suatorre.
No alto da aldea quedan restos da Torre dos Señores de Ambía e se descendemos pobo abaixo, atravesando singulares construccións, iremos dar aos canastros de Vilameá.










