Conxunto relixioso de Marrubio. O Camiño do Monxe. Etapa 7. Montederramo á Fábrica da luz. Ribeira Sacra. Galicia.

Este singular conxunto relixioso é, sen dúbida algunha, o máis espectacular que vin até o momento. Está formado pola capela de San Antón, un cruceiro con baldaquino e dous petos de ánimas dos cais se conservan unicamente as fornelas baleiras.
No cruceiro, datado de 1778, aínda se aprecia a súa antiga policromía, e presenta a figura de Cristo baixo a mirada de San Antón e no reverso a Virxe María. Ao seu redor, un muro de pedra soporta os petos de ánimas, ubicados a ambos lados da porta de entrada. A capela venera a San Antón, a pesar de ser construída baixo a advocación de San Xoán.
E como curiosidade, direivos sobre o nome do lugar, Marrubio, que se pensa que pode ter a súa orixe nunha batalla do século IX que tivo lugar nas inmediacións entre os condes de Caldelas e o de Pena que tinguiu os campos coma se dun mar de sangue se tratase. Por certo, gañou o primeiro!
Espero que vos guste tanto coma a min! 😍

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *