Corga da Fecha e Vía Nova

Este roteiro circular de pouco máis de 18 km, parte do aparcadoiro do balneario de Lobios para comezar con dous kilómetros ao carón do río antes da impresionante subida seguindo a Corga da Fecha.
O kilómetro tres e catro contan cunha pendente duns 350 metros por penedos e sen sombra algunha. Iso si, só polas marabillosas vistas paga a pena o sufrimento. A caída da Corga da Fecha alcanza os 250 metros.
A partir de ahí queda unha subida lixeira moito máis levadeira duns dous kilómetros máis e xa con tramos sombríos. Logo deixamos os penedos para pasar a unha pista despexada de terra pola que camiñamos aproximadamente o segundo tercio do roteiro cara a Portela do Home.
Hai varios sitios onde poder refrescarse pero non fontes onde beber. O último tramo do sendeiro discorre pola Vía Nova cuns camiños estreitiños mesturados con outros empedrados. A partir do séptimo kilómetro rematamos a subida e comezamos unha baixada paulatina ata o final do camiño. A uns 700 metros do balneario hai un tramo do río perfecto para refrescarse onde se pode baixar sen perigo algún nestas datas.
Recomendo esta ruta encarecidamente e senón, como mínimo, a visita ata a Corga da Fecha. 😍

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *