Este roteiro circular duns 23 km ten o seu inicio no balneario de Cortegada. Comezamos ollando o Río Miño dende o Miradoiro Coto da Pena para logo camiñar ás beiras deste pasando polo balneario antigo e chegando ás ruínas da aldea de A Barca.
Pouco máis adiante abandonamos o río para dirixirnos cara A Eirexa onde podemos ver a Igrexa de San Benito do Rabiño. Dende ahí collemos dirección a Refoxos e ao seu Priorato. Máis adiante atoparemos a Igrexa de San Martiño de Valongo e volvemos dirixirnos cara o río Miño divisando a Ponte dos Bois. A última aldea do recorrido será Vilanova da Barca e volta até o punto de inicio ao carón do río.
Todo o camiño está bastante limpo e ben sinalizado. Non ten un gran desnivel polo que a dificultade principal radica no número de kilómetros.
Ao longo do percorrido mestúranse paisaxes como as que nos deixan as augas do Miño, con frondosos bosques, ruínas e aldeas pintorescas.
Pode realizarse case con calquera clima pois non require unha gran técnica e hai sombras e pobos nos que coller auga nas fontes.
En caso de non querer ou poder camiñar tanto, os principais puntos de interese pódese chegar en coche ou cunha camiñata pequena no caso das ruínas da aldea de A Barca.













