Aquí estou de novo coa miña penúltima etapa
. Non quero remataaaaaaar! E iso que a de hoxe é das que che deixan as perniñas a tremer. Formacións rochosas singulares, moi diferentes ás de etapas anteriores, escuros cantís, belas praias e moita, moita, moita area
. Aproximadamente a metade deste tramo é de area, desa area non compacta que te atrapa!
Ten como punto intermedio a poboación de Almograve, onde repoñer forzas. Todo o camiño está perfectamente sinalizado e espero que vos gusten estas fotiños!

