Costa Vicentina- Ruta dos Pescadores. Da praia de Arrifana a Carrapateira. Portugal.

Esta etapa de hoxe destaca, sen dúbida algunha, pola variedade de paisaxes que nos ofrece ao seu paso, tanto na zona que decorre á beira da costa coma na parte de interior. Tamén polas espectaculares praias de Arrifana e de Bordeira, unha das miñas favoritas 😍.
Con pouco máis de 22 quilómetros de lonxitude, todo o camiño está en perfecto estado e ben sinalizado. Non conta cunha grande dificultade, excepto algún sube-baixa sobre todo ao comezo e os derradeiros 3 quilómetros que son por asfalto 🙈.
Ahí vos van unhas fotiños. Espero que vos gusten!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *