Despois de seis días de intensas camiñadas, e a tan só tres días de rematar este roteiro de longo percorrido, o único que podo dicirvos é que isto é coma cando estás a piques de concluír un libro que che encanta ou unha serie de varias tempadas á que estás enganchado. Se puidera estirarlle un pouquiño máis…
Contra todo pronóstico, en lugar de facerse notar a quilometraxe sobre as pernas, cada día é maior a vontade de explorar novos recunchos desta costa que, sen dúbida algunha, me roubou o corazón.
A etapa de hoxe, duns 24 quilómetros escasos, conta con tramos de area e asfalto que aumentan a súa dificultade notoriamente. Aínda así e coma en ocasións anteriores, logo chegas a unha praia, neste caso a de Odeceixe para min, que fai que se che pasen todos os males
.
Espero que vos gusten as fotiños que vos deixo!

