Ahí vos vai a segunda entrega deste roteiro de longo percorrido. Con pouco máis de 27 quilómetros de lonxitude, este tramo de hoxe conta con paisaxes do máis variopintas.
Curiosas formacións rochosas, belas praias, espectaculares cantís e lugares singulares coma Sagres ou o cabo de São Vicente son tan só algúns dos seus múltiples atractivos. Non vou dicir que fose doado, porque de Sagres á praia de Salema é un rompepernas constante (dos que eu adoro, non me malinterpretedes), pero paga moito a pena!
Con 51 quilómetros percorridos soamente dos máis de 220 que ten este camiño, teño a certeza absoluta de que vai estar na lista dos meus favoritos! 

