Este roteiro sobe posicións cada día!!! Con preto de 30 quilómetros de lonxitude, a miña etapa de hoxe sae de Carrapateira para dirixirnos cara a costa, amosándonos o antigo poboado islámico da Ponta do Castelo. Tamén incribles praias coma a do Amado, outra das miñas favoritas, a través de camiños que suben e baixan sen piedade!
A medida que nos achegamos a Vila do Bispo e dende aquí ata pouco antes do cabo de São Vicente, diminúe norotiamente a dureza do terreo así coma o desnivel, ata os derradeiros quilómetros
!
Curiosas formacións rochosas, escarpados cantís e unha exuberante vexetación serán os nosos compañeiros de ruta.
Espero que vos guste! 

