Xa non digo nada porque sería repetirse. Praias idílicas, curiosas formacións rochosas e escarpados cantís. 


Con case 23 quilómetros de lonxitude, a etapa de hoxe pareceume a máis sinxela das que levo feitas ata agora (réstame por facer o tramo de São Torpes a Cavaleiro, uns 55 quilómetros). Ten menos tramos de area e ningún por asfalto, excepto nas poboacións. Pasa por Zambujeira do Mar e a súa fermosa costa que convida ao baño. Está perfectamente sinalizada, coma todo o roteiro en xeral, e a diferencia do resto de etapas conta con algún tramo con sombra, bendita sombra!!! 
Espero que vos gusten as fotos!

