Pois aquí vos deixo a miña derradeira etapa. Toca voltar á casa e prepararse para a seguinte. Xa sabedes que a cabeciña non me para e as pernas pouco!
Cuns 19 quilómetros de lonxitude, colocaría sen dúbida esta etapa coma unha das máis difíciles xunto coa de onte, xa que decorre case na súa totalidade por area non compacta. Fermosa? Sí, moito, paga a pena e a costa é espectacular e singular a esta altura.
Unha cousa a puntualizar neste tramo. A sinalización está ausente algún quilómetro pero non hai perigo algún de perderse xa que indica previamente por onde seguir.
Espero que vos guste! 

