Costa Vicentina. Ruta dos Pescadores. De Rogil a praia da Arrifana. Portugal.

Este é o claro exemplo de que o importante non é como se comeza, senón como se remata 🫣🤣. A miña etapa de hoxe, duns 25 quilómetros de lonxitude, comezou con bos camiños e sen practicamente desnivel. Depois de ensinarme as fermosas rúas de Aljezur, levoume un bo tramiño pola estrada ata meterme á beira da auga.
Dende ahí, e acompañada por praias espectaculares coma a de Amadora ou a de Monte Clérigo e por unha escarpada costa, percorrín os quilómetros finais todos eles sobre area!!! Supoño que é a guinda do pastel 🤫.
Espero que vos gusten as fotiños!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *