Se onte vos deixaba coa loxística deste roteiro de longo percorrido, hoxe veño para darvos unhas recomendacións sobre cousas fundamentais que, seguramente, xa saberedes aqueles que facedes camiñadas con asiduidade.
– É primordial levar calzado cómodo co que esteades acostumados a camiñar. Nada de ir de estrea!
– A auga mellor que sobre ca que falte! E bebela, que non vaia só de paseo
. Hidratarse é o que marca a diferenza xa non só no camiño senón nos días seguintes!
– E a comida… aquí deixo a cada un co seu criterio, pero levar algo que aporte enerxía rapidamente nunca está por demáis. Na miña bolsa nunca faltan plátanos nin dátiles.
– Un cortaventos en zonas coma esta non pesa nada, non ocupa espazo e pode facer un grande apaño.
– Sombreiro ou gorra, protector solar e algo para colocar en caso de rozaduras. O sol aquí pode ser agresivo e o roteiro só ten algo de sombra nunha das etapas.
– Facede pequenos descansos durante o traxecto. Isto é coma conducir
. 10 minutiños cada hora camiñada ou 15 cada hora e media pode ser unha referencia.
Hai moitas máis cousas que vos podería dicir pero quero ver se evito a resposta… “sí, mamá” 



