Sodes moitos os que me escribides preguntándome pola loxística deste roteiro de longo percorrido. Onde quedar a durmir, servizos, afluencia de xente, dificultade…
Vou comezar dicindo que o percorrido é realmente fermoso e pagan a pena todos os esforzos invertidos para levalo a cabo. Está distribuído en 13 etapas oficialmente. Por cuestións laborais eu fíxeno en 9 días, pero para desfrutalo recomendo non facer máis quilómetros por día dos de cada etapa. Incluso é posible facer tramos máis curtos xa que case todos contan con algún punto intermedio con servizos ou aloxamento.
Eu fixen noite sempre no mesmo lugar porque viaxo cos meus dous peludos e sería imposible para min facelo doutro xeito. Existen Uber, taxis e outros servizos de transfer que te levan ata todos os puntos de inicio, fin e intermedios. Para que vos fagades unha idea, eu gastei 265€ en desprazamentos en Uber (a ter en conta que dos 9 días, 5 eran festivos e fins de semana, co suplemento que conleva).
Tamén existe a posibilidade de pernoctar no punto final de cada etapa, que é o meu consello. Evitaredes perder tempo en transportes innecesarios e aproveitaredes mellor o día. Nesta altura de ano e supoño que ata o outono, estaban abertas cafeterías e restaurantes. Xa vos aviso por experiencia propia que non é así no inverno.
O roteiro estaba bastante concurrido, que non masificado, pero se decidides botarvos ao camiño sós, case sempre vos cruzaredes con alguén. Ao final do roteiro xa coñeces aos que camiñan contigo 

.

