O outro día, paseando polo concello da Pobra do Brollón, descubrín esta cova que me deixou boquiaberta.
É unha cavidade natural sita da ladeira do río Cabe e recibe este nome porque na súa entrada habitaban multitude de choias biquivermellas, aves da familia dos córvidos, de plumaxe negro brillante e pico curvado vermello. Conste que eu non vin ningunha.
Esta cova foi explotada como mina polos romanos e caracterízase por ser un dos poucos lugares de España nos que se atopa musgo luminoso (realmente impresionante) e tamén por albergar unha importante colonia de morcegos.
Canto máis te adentras na cavidade, máis cantidade de morcegos podes ver revolotear ao teu arredor e se permaneces en silencio o son que producen é realmente curioso. Lembra ser respetuoso con eles, non orientar focos de luz cara os morcegos e manter o silencio.
Pódese chegar en coche ata a aldea de Biduedo e dende ahí, a máis ou menos un quilómetro por un paisaxístico camiño, vas dar á porta da cova. Non ten perda. Está perfectamente indicada.













