De Caldelas a Campo do Gerês.
É nesta etapa cando pasamos pola aldea de Covide, unha descoñecida para min ata onte, e iso que non será porque non teña feito rutas pola zona!
Teño que dicir que me pareceu un lugar singular, coidado, cun peto de ánimas que, según se pode ver no mesmo, data de 1830. Tamén conta cunha igrexa, algunha reliquia propia da arquitectura tradicional da zona e é o lugar no que restan 200 quilómetros exactos para chegar a Santiago por este camiño.
Hoxe vou compartir con vós un pouquiño máis da mesma. Espero que vos guste! 

