De Lugo á Fervenza. Galicia.

Este roteiro lineal de 15 quilómetros de lonxitude (30 en caso de que queirades facer ida e volta), parte do parque da Tolda, onde dispoñedes de espazo para estacionar o voso vehículo. Dende ahí acompaña ao río Miño pola mesma beira ata a chegada á Fervenza, lugar onde nos espera un muíño do século XVII e a Casa Grande da Fervenza, antiga morada do muiñeiro. O que era a palleira do muíño acolle hoxe en día un restaurante, e todo este conxunto está inmerso nunha maxestuosa fraga de carballos de máis de 300 anos.
A pesar de carecer dunha boa sinalización, o camiño non ten perda algunha xa que sempre iremos á beira do río. Está limpo, en bo estado e carece de dificultade técnica que non sexa o número de quilómetros a realizar. Ollo nas épocas de choivas continuadas porque certos tramos poden non ser transitables.
Agradable, tranquilo e sinxelo. Déixovos unhas fotiños á espera da vosa opinión! 😍

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *