Aquí vos deixo unhas fotiños de algúns dos moitos atractivos que ofrece este concello pertencente á provincia de Ourense. Entre eles podedes ver o xacemento arqueolóxico de Santa Marta e a súa capela, os restos da mámoa do Madorriño, a Cidá da Saceda, e A Xironda co seu espectacular forno comunal e peto de ánimas. Tamén podedes consultar en publicacións anteriores a lenda do martelo arreboladizo que non ten desperdicio algún!
Espero que vos guste! 













