Este tramo da Vía da Plata, duns 12 quilómetros de lonxitude, lévanos dende Sandiás a Allariz a través de aldeas con historia e unha fermosa e densa foresta autóctona.
A primeira parte do percorrido tende a unha lixeira subida, sen ningunha dificultade técnica, mentras que a segunda é basicamente baixada, máis pronunciada nalgúns tramos. Todo o camiño está en perfectas condicións e ben sinalizado.

