Hoxe houbo unha persoa que me fixo lembrarme deste fermoso sitio. Despois de facer un roteiro polos viñedos de Belesar, decidimos rematar o día neste idílico lugar. O ceo estaba espectacular e non puiden resistirme a sacarlle esta foto. Era o mes de febreiro pero fixera un día de solciño moi agradable.
Todo fora perfecto até que, no camiño de volta a casa, atravesando un pobo no coche, un mastín lle arrincou a defensa do vehículo ao meu mellor amigo 

.
Poucas son as rutas das que non queda algunha anécdota e hoxe quixen compatir esta con vós
.
