Ecoespazo do Rexo. Concello de Allariz

Este lugar moi completiño, e xa veredes a razón pola que digo isto, atópase a uns catro kilómetros e medio de Allariz pola estrada ou a aproximadamente catro kilómetros tamén seguindo a beira do río por un sendeiro realmente fermoso dende a propia vila.
E a que vén o de “completiño”? Pois… digamos que conta cunha intervención pictórica e escultórica do artista vasco Agustín Ibarrola, unha minihidráulica, unha explotación de ovino de leite 🐑🐑🐑 e unha queixaría 🤤🤤🤤. Eu téñoo claro, podería quedar a vivir aló 🤣!
O lugar é realmente fermoso. Unha mestura de verdes prados, ovelliñas ben xeitosas por certo, o son da auga correr, unha ponte con encanto e a obra de arte coa que conta. Un lugar para relaxarse e desfrutar do que nos rodea. Todo alí induce tranquilidade e calma.
Tamén podedes mollar os pés no río e mesmo coller algún dos roteiros que por aló pasan. Xa sabedes, visitiña obrigada se andades pola vila ou preto!
Non vos decepcionará! ❤️

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *