Ermida de San Bieito da Uceira. Concello de Sandiás. Galicia.

Hoxe vou compartir con vós un lugar pretiño da miña casa que garda un encanto especial para nós os tres. E non é só porque aló enriba sempre fai máis fresco, cousa que se agradece e moito nos derradeiros días.
Aínda que data de mediados do século XVII, é no XVIII cando esta ermida adquire o seu aspecto actual, como se pode ver na inscripción que figura nunha das súas paredes, que di que foi feita coas limosnas dos devotos de San Benito no ano 1775.
Ao redor da mesma podedes ver un impoñente cruceiro, unha ampla zona de merendas, un estanque e diferentes infraestructuras para que romeiros e devotos puideran celebrar as festas litúrxicas. E non menos importante, á súa beira poderedes desfrutar dunha espectacular vista da torre do Castro e da Limia 😍
Espero que vos guste! Eu sei de dous aos que lles encanta! 🤪

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *