“Desde que o mundo é mundo toda a gente ali governa a vida na lavoura que a terra permite. E, com luto na alma ou no casaco, mal a noite escurece, continua a faina… E se por acaso se juntam na venda do Inácio uns e outros- guardas e contrabandistas-, fala-se honradamente da melhor maneira de ganhar o pão: se por conta do Estado a vigiar o ribeiro, se por conta da vida a passar o ribeiro”.
Miguel Torga. A fronteira in “Novos contos da montanha”
Como ben saberedes, o contrabando foi unha actividade do máis común nas zonas fronteirizas entre Galicia e Portugal durante moito tempo. Café, gando, xabón, tecidos, peixe ou tabaco foron algúns dos productos con máis movemento. Estes podían ser movilizados a pé por diferentes camiños, mediante animais, moitos dos cales xa sabían ir sós até o outro lado da fronteira, en barca se había que cruzar o río ou en vehículos motorizados se existía a posibilidade. Pero non todo foi ganancia, xa que algúns perderon a vida no intento.
No Espaço Memória e Fronteira de Melgaço atópase unha interesante recopilación que nos achega as épocas da emigración e do contrabando. O prezo son 3 euros e paga realmente a pena. Non esquezades dar un paseo pola vila! Encantaravos! 

