Espartedo. Nogueira de Ramuín

Hoxe vouvos presentar outro deses lugares especiais para min e ben pouco coñecidos.
Pola súa fermosura, aínda no estado ruinoso no que se atopa grande parte da aldea, pola súa arquitectura, os seus camiños, a súa ubicación e o entorno. Tan pronto puxen un pé neste pobo quedei namorada ❤️.
Oxalá tivese o poder na miña man de infundir vida a sitios coma este, nos que cada vez hai menos habitantes e máis abandono 😔.
Espero que vos guste, que o visitedes, que merquedes casa aló e a restauredes! Por pedir que non quede🤣

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *