Espigueiros de Lindoso e Poço da Gola. Portugal

Hoxe toca falar do espigueiro ou o que os galegos coñecemos máis ben coma hórreo, cabaceiro, cabaceira, cabazo, calostra ou piorno. Esta dependencia, de gran importancia na casa labrega, tiña a función de almacenar distintos cereais e facilitar a ventilación dos mesmos, especialmente do millo. De ahí a súa forma estreita e alta, elevados sobre columnas e con numerosas aberturas laterais, co fin de obter un illamento e ventilación óptimos. Aínda que isto era o que se buscaba, non todos eles son iguais senón que pode haber variacións co fin de mellorar a adaptación ao medio.
E outra das súas funcións menos coñecidas, polo menos para min até fai pouco, é a de protexer as colleitas principalmente dos roedores para o cal contan cun elemento específico sobre as cepas ou pilares.
Hoxe quérovos recomendar unha visitiña aos espigueiros de Lindoso: Castelo, Parada e Cidadelhe. Non deixedes de ver tamén o Castelo, o Poço da Gola (realmente espectacular), e perdervos polas rúas destas fermosas aldeas.
E se queredes descubrir unha parte destas belezas a pé, hai un roteiro circular que pasa polos muíños de Parada, os seus espigueiros e o Poço da Gola, duns 10km aproximadamente.
Espero que o disfrutedes ❤️

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *