Esta etapa de 25,3km parte de Ponteceso e levándonos a través dun bosque de pinos adéntranos na Senda do Anllóns. Será ao final deste fermoso paseo cando o roteiro nos mete cara o interior e ahí comeza a subidiña. Ata este punto o camiño é moi doado.
Afortunadamente o Roteiro do Rego dos Muíños (que conta con nada menos que 24 muíños), polo cal iniciamos o ascenso, fará que se nos faga bastante máis levadeiro o sufrimento, e ademáis hai sombra, que sempre é un plus en días de moita calor. E así chegamos ao Castro a Cibda e ao Dolmen de Dombate, dúas xoias arqueolóxicas da costa da morte.
Estímase que neste castro viviron en torno a 300 ou 400 persoas na sua época que se adicaban fundamentalmente á agricultura e gandería. E o dolmen de Dombate, considerado a catedral do megalitismo galego, está nun gran estado de conservación e formase por sete lousas verticais e unha que as cubre e conta con gravados rupestres policromados no seu interior. A visita é gratuíta pero conta cun horario de apertura e peche.
E dende aquí chegaremos a Monte Castelo, a cima deste camiño con 312 metros de altitude e unhas vistas realmente espectaculares!
Dende aquí comezamos a baixar ata acompañar novamente a costa atravesando diferentes e fermosas praias onde refrescarnos e disfrutando das vistas de toda a ría de Corme e Laxe.
A sinalización nesta etapa agora mesmo é un pouco deficiente, sería preciso repasala e tamén hai unha zona contra o final que está pedindo un pouco de desbroce.
Espero que a disfrutedes! 

















