Etapa 4. De Laxe a Arou

Esta é a etapa máis curta deste roteiro duns 200km de lonxitude total. Conta con tan só 18km e o grado de dificultade técnica é mínimo excepto un tramo espectacular que decorre entre maxestuosos penedos.
Cada metro desta parte do camiño paga a pena. O Faro de Laxe, a Pedra dos Namorados e a Furna de Espuma, a Praia dos Cristais, a marabillosa panorámica da Praia de Soesto dende o alto, a Lagoa de Traba, un tramo de penedos xigantes de formas variadas, Camelle (a casa do alemán) e a Praia de Arou para rematar.
Como podedes ver, combina diferentes atractivos que a fan un roteiro imprescindible. É posible chegar en coche ata a maior parte destes puntos de interese en caso de non dispoñer da condición física precisa para levala a cabo.
E tal e como recomendei en outras etapas deste camiño, é case obrigatorio consultar as condicións metereolóxicas antes de facela.
Para min, de todas as rutas que levo ás miñas costas, unha das máis fermosas sen lugar a dúbidas. ❤️😎

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *