Hoxe, ao igual que nalgunha outra ocasión, vou facer unha excepción e falar do país veciño. Pero dado que vén unha vaga de calor para esta semana, coido que mo agradeceredes
.
No Parque Nacional Peneda- Gerês hai un lugar chamado Fafião. Dende este sitio parten dúas rutas pertencentes ao gran roteiro GR50 Peneda-Gerês, de case 200km divididos en 19 etapas. Unha delas vai dende Ermida a Fafião e outra dende Fafião cara Cabril.
Ademáis, tamén conta cun roteiro propio, o Trilho do Pão, do Azeite e dos miradouros.
E diredes vós, que ten isto a ver coa calor? Pois a iso vou
. Este último percurso, duns 12km circulares, pasa polo Pozo Verde, lugar digno de ver e ideal para bañarse, idílico, máxico. Pódese chegar tamén facilmente deixando o coche preto do Miradouro do Fafião, camiñando pouco máis dun kilómetro. Iso si, é todo baixada para ir co cal xa non vos explico a volta. Pero paga a pena 

Xa me contaredes!










