Fervenza das Hortas. Límite natural entre os concellos de Touro e Arzúa

Para que vexades que guiadiños somos, fai dous días que vos pedía recomendacións sobre fervenzas e pozas e hoxe xa visitamos unha delas 🤣.
A fervenza das Hortas está considerada unha das caídas de auga máis altas de Galicia e aséntase sobre o “Rigueiro de Saímes” que, a pouca distancia de aquí, entregará as súas augas ao gran Ulla. Pero este regato non só non deixa unha fermosa panorámica ao seu paso, senón que tamén no pasado valeu para alimentar varios muíños no seu descenso.
A fervenza recibe o seu nome dun dos lugares que a acolle, As Hortas, no concello de Arzúa. Se queremos chegar en coche temos un lugar para estacionalo nesta aldea e dende ahí teremos que camiñar un 400 metros de baixada por camiños e escaleiriñas de madeira. O son da auga acompañaranos dende o principio e a estampa unha vez abaixo déixate totalmente embelesad@ 😍😍😍.
Se vos apetece camiñar hai un roteiro, o PR-G 169, roteiro Fervenza das Hortas, duns 23 km de lonxitude e unhas sete horas de tempo estimado para a súa realización. Está entre os meus pendentes así que se alguén xa o fixo agradecería que comentase se está limpo e ben sinalizado 🧐.
Espero que vos guste! E graciñas pola recomendación! En breve continuaremos co listado 🙌🐶🐶❤️

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *