Todo un espectáculo da natureza seguindo o curso do río Valga. Mediante unhas pasarelas de madeira que nos acompañarán durante un kilómetro máis ou menos, podemos remontar o río admirando as súas fermosas caídas de auga, os seus muíños, tan típicos da arquitectura, cultura e paisaxes galegas, a forza da natureza en estado puro e o fermoso bosque autóctono no que nos adentra este roteiro.
É sen dúbida un sendeiro máxico, situado entre Raxoi e Parafita, cunha clara protagonista, unha fervenza duns seis metros de altura aproximadamente e ben bonitiña por certo! 
Para chegar aquí temos dúas opcións
/ 
: ou ben en coche ata o aparcamento e seguindo as pasarelas de madeira das que vos falei, ou como parte dalgún outro roteiro de maior kilometraxe que nos ofrece este concello.








