Dende o pobo de Pincães pódese acceder a esta fermosa caída de auga en pouco máis dun kilómetro por un camiño limpo, bo de andar e ben sinalizado. De feito, é un tramo da grande rota Peneda-Gerês GR-50.
O lugar é realmente espectacular, un sitio ideal para bañarse ou refrescarse en días calurosos. Ten algúns penedos á sombra e outros ao sol.
En caso de querer camiñar máis, hai varios roteiros que soben cara a montaña e tamén se pode continuar a GR-50 en dirección ao Fafião, onde sobran lugares con gran encanto coma o pozo verde do que xa vos falei, ou cara Cabril, onde podemos coller forzas nunha estupenda panadería-pastelería-cafetería na que todo está boísimo ademáis de contar cun persoal encantador.
Xa me contaredes! 

















