Fervenza de Segade e centrais hidroeléctrica e térmica

Ao carón de Caldas de Reis atopamos esta fermosa fervenza formada polo río Umia na que, ademáis de apreciar a súa beleza, podemos mollar as gadoupas na época estival.
A un lado da mesma permanecen as ruínas da antiga central hidroeléctrica ou fábrica da luz, posta en marcha en torno ao ano 1900, e tamén da central térmica construída por mor da insuficiencia de auga durante os veráns, para poder seguir mantendo o rendemento da outra.
Se subimos un pouco máis podemos apreciar muíños en decadencia e o que queda da casa do delegado.
Hai unha ruta curta duns 5km que ofrece un percorrido polos principais puntos de interese, incluíndo a ponte romana e algúns muíños máis.
Moi recomendable a visita! Espero que vos guste! ❤

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *