Fervenza do Río Cabrão. Arcos de Valdevez. Portugal

Hoxe cruzamos a fronteira para presentarvos esta fermosa caída de auga formada polo río Cabrão. Pódese chegar ata moi preto da mesma en coche pero é imprescindible facer os úñtimos case 600 metros a pé. E non vos vou enganar… hai unha boa subidiña para chegar!
Unha parte dela faise por pasarelas de madeira e escaleiras e outra por camiño de terra que pode resultar esvaradío en función da época do ano e o clima. Recoméndovos levar un bo calzado que agarre ben e ollo coas pasarelas de madeira se están molladas!
O percurso é por zona sombría con densa vexetación co cal é factible incluso en días calurosos. Conta ao chegar a cima cun lugar para descansar contemplando a maxestuosidade da fervenza. Paga a pena o esforzo e hai que mentalizarse que é un tramo curto 💪💪💪.
Espero que vos guste! ❤️

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *