Aquí vos deixo este fermoso espectáculo de auga, luz e son, formado polo río Toxa na parroquia de Pazos. Esta fervenza está considerada das máis altas de Galicia en caída libre, xa o digo así para non entrar en debates 🤣.
Constitúe un espazo de alto valor paisaxístico que forma parte do Sistema Fluvial Ulla-Deza e participa no proxecto europeo Rede Natura 2000 como Lugar de Importancia Comunitaria.
A súa diversidade botánica xa foi aproveitada, dende moitos anos atrás, polos monxes dos mosteiros de Carboeiro e Camanzo para a súa farmacopea. E a día de hoxe, este bosque atlántico marabillosamente conservado con especies de tipo mediterráneo, conceden a este lugar características únicas, incomparables e dunha singular beleza.
Disfrutádea! ❤️

